Charla: Xestión de Proxectos (SolidQ)

Miércoles 25 de septiembre. 16:00h. Aula 3.2.

Plazas limitadas. Reserva aquí.

Á hora de empezar cun proxecto, pódensenos expor situacións como “por que non imos facendo e xa vemos sobre a marcha?”, responder afirmativamente a esta pregunta é unha das principais razóns no fracaso dun proxecto.

Unha xestión de proxectos eficiente tradúcese nunha mellora do produto e o investimento nesta parte permitirá xestionar situacións que quedarían nun limbo, por exemplo, como cohesionar ao equipo, como as relacións co cliente, etc.

Para levar a cabo esta xestión, teremos que ‘casarnos’ con algunha filosofía de traballo, o cal en ocasións pode levar a unha revolución na empresa, e necesitaremos dalgunhas ferramentas que nos axuden a ter o control de que fixemos, que tarefas estamos actualmente desenvolvendo e que temos por diante no proxecto.

Índice:

  • 1. Importancia na xestión de proxectos
    • a. Obxectivos e estratexia
    • b. Planificación
    • c. Control e supervisión
    • d. Avaliación riscos
  • 2. Principais tipos de proxectos
  • 3. Metodoloxía tradicional vs áxil
  • 4. Metodoloxías áxiles
    • a. Scrum
    • b. Kanban
    • c. Scrumban
  • 5. O mundo real
Event date: 
Wednesday, 25 September, 2019 - 16:00