Prazo de solicitude de avaliación por compensación
Do mércores 19 de xuño ao mércores 10 de xullo
O prazo de solicitude de Avaliación por compensación abrirá a partir do mércores 19 de xuño ata o mércores 10 de xullo de 2024.
A Solicitude irá dirixida mediante instancia ao decano, e enviarase preferiblemente a "administracion.fic@udc.es" dende o correo electrónico institucional do alumno (@udc).