Conferencia ÁGATA. I+D no mundo de IoT: unha macedonia de fantasía
Nesta conferencia (aula 2.5), Mateo González Cid, Técnico de I+D en Ágata Technology, presentará varios proxectos nos que está a traballar o departamento de innovación e desenvolvemento da empresa. Nomeadamente, centrarase en:
- Proxecto iPPE para detección de chaleco e casco en distintos sectores, mediante algoritmos de Machine e Deep Learning. Todo despregado nunha Jetson Nano.
- Detección de intrusións perimetrais, contaxe de persoas, manexo de cámaras PTZ (cámaras con movemento) de maneira remota, entre outras funcionalidades.
Adjuntos:
Event date:
Monday, 9 May, 2022 - 09:30 to 10:30