Charla presentación outros mestrados da FIC
O vindeiro xoves, 11 de maio ás 12:00 na sala 2.0b, haberá unha presentación dos outros mestrados impartidos na FIC.
As presentacións serán impartidas por cada un dos coordinadores, co seguinte esquema:
12:00. Mestrado en Bioinformática.
12:15. Mestrado interuniversitario en Xeoinformática.
12:30. Mestrado Interuniversitario en Técnicas Estatísticas .
12:45. Mestrado Interuniversitario en Matemática Industrial.
Logo, a partir das 13:00 horas, os coordinadores responderán persoalmente as dúbidas dos interesados.
Event date:
Thursday, 11 May, 2017 - 12:00