Prácticas en Empresa e Traballo Fin de Grao

Reunión informativa

O vindeiro mércores 10 de maio ás 16:30, na aula 3.2, celebrarase unha reunión informativa acerca da materia Prácticas en Empresa así como acerca da normativa para a realización do Traballo Fin de Grao.

A charla está orientada, sobre todo, a estudantes de terceiro, pero está aberta a calquera estudante interesado.

A estrutura será a seguinte:

A Vicedecana de Relacións Institucionais, Neves Pedreira, informará sobre a materia Prácticas en Empresas.

O responsable actual do grao, Marcos Ortega, informará sobre a normativa para a realización do Traballo Fin de Grao.

Esperámosvos!