(INGLES)
O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática pola UDC propón a integración de todas as especialidades existentes en España, e é o único título en Galicia que asegura unha cobertura de todas as competencias que poden adquirirse hoxe en día no ámbito da Enxeñaría Informática: o estudante poderá elixir no 3º curso entre as especialidades de Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Software.