Xornada Anita Borg
Un ano máis na Facultade de Informática realizamos un encontro con mulleres relacionadas e que forman parte das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación). Este ano contaremos con 5 mulleres relatoras que nos contarán a sua experiencia laboral como muller e como informática.
Horario:
15:45 – Benvida e presentación
16:00 – Sabela Ramos: “Unha YouTuber da FIC”. Queres saber que se "coce" en Google Zürich? Que oportunidades ofrece Google a estudantes da FIC? Sabela contaránolo en detalle!
17:00 – Bárbara Román: “Unha tía moi legal”. Enfrontar o ámbito laboral por primeira vez sempre impón...Bárbara aconsellaranos como facelo, para chegar onde nos corresponde.
18:00 – Descanso
18:30 – Noelia Luaces: “Ingenieras Software: last report”. Moito se fala de visibilizar ás mulleres informáticas, por qué? Cal é a situación real? Que podes facer ti? Respostas, aquí!
19:30 – Aida Vidal e Cristina G. Aradas: “MoLab”. Sabías que entre estas paredes vive unha asociación de estudantes xurdida da paixón polos videoxogos? Vén coñecela!
20:00 – Clausura