Asignación de horario a alumnos de continuación e apertura do procedemento para solicitudes de cambio e permutas
Acabamos de publicar a asignación en espazos dos grupos de docencia e horarios dos alumnos da facultade con matriculación de continuación. Abrimos os formularios de solicitude de cambio de grupo por causas xustificadas e de permuta de grupo entre dous alumnos con matrícula equivalente. Estes formularios permanecerán abertos entre a súa publicación e o vindeiro 20 de setembro.
Formulario de solicitude de cambio de grupo por causas xustificadas (require autenticación coas credenciais da UDC) → https://forms.office.com/e/esWa6RHNqP
Formulario de solicitude de permuta del grupo entre dous alumnos con matricula equivalente (require autenticación coas credenciais da UDC) → https://forms.office.com/e/YWtfL8VuhN
Recordamos que os horarios xerais da facultade está dispoñibles nas seguintes ligazóns:
Horarios do GEI (require credenciais da UDC): Horarios GEI
Horarios do GCED (require credenciais da UDC): Horarios GCED
Horarios do GIA (require credenciais da UDC): Horarios GIA
NOTAS ACLATORIAS: O algoritmo de asignación pode xerar algún conflito no horario. Son conflitos aceptables para o algoritmo a coincidencia dunha clase de prácticas cunha de teoría, ou entre dúas clases de teoría, sempre que se trate de materias xa cursadas en cursos previos (segunda o sucesivas matrículas).
Algúns conflitos son inevitables por causas diversas: matrícula en materias de cursos moi distantes, ou doutros itinerarios, ou ben correspondentes ao seu itinerario pero que se ofertan noutro e non todas as combinacións son compatibles.